Asociación Arraigo
Conecta con Arraigo:
  • INICIO
  • A Asociación
  • Proxectos
  • Formación
  • Voluntariado
  • Colabora
  • Contacto

Quen somos?

Imagen
Arraigo somos unha Asociación sen ánimo de lucro, independente a organizacións políticas e relixiosas, creada en 2012 para axudar ás persoas en situación de exclusión social. O proxecto principal co que comezamos a nosa andaina consiste na axuda integral a persoas sen fogar na cidade de Ferrol favorecendo o diálogo e o acompañamento dende a igualdade e o respecto mutuo. Poténciase así as súas habilidades sociais, así como asesoramento sobre recursos dispoñibles.



“A nosa entidade axuda e proporciona alimentos, productos de hixiene e roupa a práticamente un centenar de persoas necesitadas da comarca de Ferrol con periodicidade semanal”.


Grazas ás doazóns, tanto de particulares como de empresas, creamos un banco de alimentos e roupa, o cal nos permite proporcionar de xeito constante aos usuarios produtos de primeira necesidade.

Realizamos cursos formativos gratuítos a cambio de alimentos e produtos de primeira necesidade cunha dobre finalidade, a de ofrecer á poboación servizos que sexan do seu interese á vez que fomentamos a sensibilización con este colectivo.

A nosa entidade foi recoñecida en varias ocasións coa distinción de distintos premios pola labor que realizamos. Entre eles, o Premio Solidario do Concello de Ferrol no ano 2014 ou o Premio a Concordia Adolfo Suárez do Concello de Neda no ano 2015.




DIRECTIVA

Presidencia

Titular: Carmen Rey
Contacto: carmen@arraigogalicia.com

Secretaría

Titular: David Vivar
Contacto: secretaria@arraigogalicia.com

Tesourería

Titular: Carmela Fernández
Contacto: carmela@arraigogalicia.com

​Voluntariado e Formación

Titular: Ana Novo
Contacto: ana@arraigogalicia.com

Powered by Create your own unique website with customizable templates.