ASOCIACIÓN ARRAIGO
Arraigo somos unha Asociación sen ánimo de lucro, independente a organizacións políticas e relixiosas, creada en 2012 para axudar ás persoas en situación de exclusión social. O proxecto principal co que comezamos a nosa andaina consiste na axuda integral a persoas sen fogar na cidade de Ferrol favorecendo o diálogo e o acompañamento dende a igualdade e o respecto mutuo. Poténciase así as súas habilidades sociais, así como asesoramento sobre recursos dispoñibles. |
“A nosa entidade axuda e proporciona alimentos, productos de hixiene e roupa a práticamente un centenar de persoas necesitadas da comarca de Ferrol con periodicidade semanal”.
|
|
|