“Punto de Encontro” nace despois de ter observado que existen determinadas horas do día nas que os usuarios non dispoñen dun lugar ó que acudir. Esta necesidade agrávase aínda máis durante o outono e o inverno, pois as condicións climatolóxicas da nosa bisbarra fan aínda máis difíciles as circunstancias vitais destas persoas.Trátase de poñer a disposición de todas/os as/os usuarias/os un espazo no que compartir, interactuar e establecer relacións persoais. Para iso, o local da asociación dispón dun centro de reunión, no que as persoas poden ver a televisión, tomar un café, xogar ás cartas ou conectarse a internet dende os ordenadores que Arraigo pon á súa disposición. Crear un centro social para conseguir que os usuarios non pasen tanto tempo nas rúas da cidade, o cal é posible grazas a que permanece aberto ó longo de toda a semana en horario de mañá e tarde. Isto é posible grazas ó traballo desinteresado de voluntarios e socios, que son os encargados de abrir as instalacións e de velar pola orde e o bo funcionamento do proxecto.
Actualmente, estamos a recibir unha media de entre 50 e 60 persoas pola mañá, e de entre 30 e 45 polas tardes. Son os propios usuarios desenvolven periodicamente diferentes talleres e obradoiros, impartidos por eles mesmos. Con isto, conseguiremos mellorar a súa autoestima e poñer en alza as súas habilidades e destrezas persoais, punto moi importante tendo en conta o colectivo co que estamos a tratar. Entre outras medidas, podemos destacar o feito de que cada semana un deles é o encargado de, xunto cos membros da Asociación, velar pola orde dentro do local, converténdose así nunha figura de referencia para todos os seus compañeiros, o que dende Arraigo se trata de conseguir é que os usuarios se sintan a gusto, que entendan que a asociación existe por todos e para todos, e que alí poden atopar un espazo común no atoparse cómodos. Ó ter un horario tan amplío o reparto de alimentos faise tódolos días, segundo vaiamos vendo as necesidades de cada un e a cantidade de produtos cos que contamos.
Do mesmo xeito, cando se levan a cabo actividades fóra do centro, como poden ser ás feiras de artesanía ás que Arraigo acode, os propios usuarios toman parte activa dentro dela axudando na montaxe e desmontaxe do posto, e participando na venda dos diferentes produtos.
Temos na actualidade empadroadas a 50 persoas, as cales viven en pensións, nas casas de okupas, nun caixeiro ou tamén as que están aloxadas no albergue da cidade.
Por outra banda, temos asinado un convenio de colaboración co CIS da Coruña, ( Centro de Inserción Social) para a realización do cumprimento das penas que conlevan traballos á comunidade, no que habitualmente temos dúas persoas realizando esta tarefa polas mañá e unha polas tarde.
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/asociacion-arraigo-galardonada-premio-adolfo-suarez-neda/20150312214628117579.html
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/entidad-ferrolana-arraigo-recibe-premio-solidario-adolfo-suarez/20150410220332120289.html
http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/105003
http://www.ferrol360.es/tag/arraigo/
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/05/18/galicia-segunda-comunidad-indigentes-3600-sintechola-xunta-ofertara-1300-plazas-segundo-mayor-concurso-trasladosdetenido-vigo-hombre-61-anos-amenazar-novia-76/0003_201505G18P12991.htm